O Environmental Physics Laboratory CIM-UVigo (Ephyslab), vén de incorporarse recentemente ao grupo de traballo sobre vapor de auga na atmosfera da Axencia Espacial Europea.
O grupo Water Vapour CCI pretende xerar no seu eido novos rexistros globais de datos climáticos de alta calidade considerando que o vapor de auga é fundamental para comprender o cambio climático pasado, presente e futuro e para determinar os seus impactos globais e rexionais.
Así o explica a investigadora Raquel Nieto que responde á pregunta: para que serve estudar os ciclos hidrolóxicos?