ECOBAS, CINBIO e o Clúster Saúde de Galicia cooperarán para impulsar o eido sanitario e socio-sanitario

Sinsal

DUVI | O festival Sinsal Litoral Son Estrella Galicia contou entre a súa programación desta edición coa presentación da liña de colaboración aberta recentemente entre a agrupación ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) e o CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas), ambos da Universidade de Vigo, e o Clúster Saúde de Galicia para o impulso de iniciativas no eido sanitario e socio-sanitario. Foi nunha xornada celebrada este xoves pola tarde na illa de San Simón baixo o título A Senda Circular e coa colaboración da Fundación Paideia Galiza.