A Agrupación Aeroespacial da UVigo participa nos plans da Axencia Espacial Europea para explorar covas na Lúa

Fernando Aguado

DUVI | Meses antes de que se producise a chegada do rover Perseverance a Marte, a Axencia Espacial Europea (ESA) xa evidenciara o seu interese en emprender un proxecto que, de levarse a cabo, volvería situar o foco de atención na Lúa. Co obxectivo de levar a cabo unha misión de exploración das covas do satélite terrestre, a ESA lanzou a mediados de 2019 un chamamento para a presentación de proxectos, dos que a Axencia Espacial Europea seleccionou cinco, e dos que logo de seis meses, unicamente dous, RoboCrane(un consorcio integrado pola Universidad de Oviedo, Universidade de Vigo e Alén Space) e Daedalus (promovido pola Universidade de Würzburg), foron elixidos para un estudo de viabilidade CDF (Concurrent Design Facility) ou Lunar Caves.