Aberta a convocatoria de axudas para as accións de divulgación dos Grupos de Innovación Docente

Estudantes

DUVI | A Escola Aberta de Formación Permanente acaba de lanzar unha convocatoria de axudas para a divulgación das actividades dos Grupos de Innovación Docente, GID. Estas achegas, que serán dun máximo de 500€, están destinadas á xeración de materiais docentes, ás actividades de divulgación e a participación en congresos. O obxectivo da convocatoria é crear unha rede de axudas para mellorar e optimizar a innovación educativa na UVigo. Deste xeito, as persoas coordinadoras dos Grupos de Innovación Docente poden solicitar unha destas axudas ata o 21 de maio.