Dentro do plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, titulado “Ciencia de ida e volta”, ofreceremos una nova actividade formativa para persoal investigador. Esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Trátase dunha formación EN LIÑA para a comunidade investigadora da Universidade de Vigo na que se ofrecerán claves para realizar un vídeo divulgativo perfecto.
INSCRICIÓN
Do 17 ao 24 de xaneiro de 2022
Pincha aquí para cubrir o formulario de inscrición
PRAZAS
50 prazas
DATAS
- 26 de xaneiro de 10:30 a 12:30 horas
- 27 de xaneiro de 10:30 a 12:30 horas
CONTIDOS
A actividade ofrecerá ao persoal investigador formación sobre como realizar un vídeo divulgativo de calidade, como subilo correctamente a YouTube e como mellorar o seu visionado.
MÉRCORES, 26 DE XANEIRO
Módulo de comunicación
- Adaptación da mensaxe ao medio e ao público obxectivo
- Como facer que atopen o teu vídeo
- Consellos para escribir o guión, gravar e editar
XOVES, 27 DE XANEIRO
Módulo técnico
- Iluminación e son
- Edición
- Miniatura para YouTube
- Proceso de subida a YouTube
FORMADORA
Clara García é Licenciada en Bioquímica e Doutora en Neurociencia pola Universidad de Barcelona. Actualmente adícase á comunicación científica en diferentes formatos. É a creadora da canle de YouTube “Cerebrotes”, onde divulga sobre neurociencia e psicoloxía e a co-creadora do podcast de divulgación de química e neurociencia “Mentes Covalentes”. Ademais, axuda a persoas realizando o doutoramento a coidar a súa saúde mental no seu proxecto de Instagram de “El viaje del doctorado”. Igualmente, Clara traballou como escritora científica e redactora médica para diferentes empresas internacionais.