Concurso #HiloTesis: Bases da convocatoria

Coa fin de promover a actividade divulgadora entre o estudiantado de doutoramento, a Rede de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) de Crue I+D+i propoñen a convocatoria da “II Edición del Concurso tu Tesis Doctoral en un Hilo de Twitter: #HiloTesis”, á que se suma a Universidade de Vigo. As persoas participantes deberán divulgar a súa tese de doutoramento nun fío de non máis de 20 chíos coas limitacións e posibilidades que ofrece a rede social Twitter.

Bases completas e preguntas frecuentes

AVISO CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES: Non punto 1 de “Xurado e criterios de valoración”, onde dicía “O xurado da Universidade de Vigo, que escollerá os tres fíos finalistas” debería poñer “O xurado da Universidade de Vigo, que escollerá os dous fíos finalistas (un por categoría)”. Hai un finalista por categoría, tal e como se indica no apartado “Premios” Esta corrección está feita nesta mesma web e no PDF coas bases completas.

 Que é #HiloTesis?

É unha iniciativa da Rede de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) da Comisión Sectorial de I+D+i de CRUE Universidades que busca promover o desenvolvemento de habilidades de comunicación e divulgación científica de futuros ou recentes doutores/as.

O obxectivo é que investigadores/as en formación/estudantes de doutoramento, tanto se finalizaron a súa tese doutoral nos últimos seis meses coma se a están a desenvolver, poidan contar á sociedade o que fan, como o fan e por que o fan. Para iso, proponse a elaboración dun fío en Twitter para aproveitar esta rede social e as súas posibilidades como canle de comunicación, adaptando o contido da tese a unha linguaxe sinxela, accesible e atractiva.

Requisitos de participación

Poderá participar todo o estudantado de doutoramento e recentes doutores/as da Universidade de Vigo e das demais universidades españolas asociadas a Crue que convoquen o presente concurso, que teña superado satisfactoriamente polo menos menos unha avaliación do Documento de Actividades e Plan de Investigación (RAPI) ou que defendese a súa tese de doutoramento nun prazo máximo de 6 meses anterior á data de inicio do concurso (19 de abril de 2022). As solicitudes daquelas persoas que non cumpran con esta condición serán desestimadas.

As candidaturas deberán contar co visto e prace da persoa que dirixa a tese e garantir que a información proporcionada, inserida no fío, enlazada etc. é susceptible de difusión pública. Se as investigacións estivesen vinculadas a algún acordo de confidencialidade, os estudantes deberán contrastar coas partes implicadas os contidos utilizados no concurso. Nin as universidades participantes nin Crue se responsabilizarán das infraccións que poidan derivarse do devandito incumprimento.

Premios

O concurso contará con dúas categorías e dúas fases:

  • Xeral (nacional) 3 premios.
    As 3 persoas premiadas serán obrigatoriamente de 3 universidades diferentes. No caso de resultar gañadora unha persoa da Universidade de Vigo recibirá un premio en metálico de 300€.
  • Investigacións relacionadas coa inclusión e a discapacidade (nacional), 1 premio. No caso de resultar gañadora unha persoa da Universidade de Vigo recibirá un premio en metálico de 300€.

En paralelo e non eliminatoria, haberá unha fase de competición galega entre os finalistas das tres universidades:

  • Galega (en paralelo e non eliminatoria). No caso de resultar gañadora unha persoa da Universidade de Vigo recibirá un premio en metálico de 200€.

Na primeira fase a nivel universidade escollerase 1 finalista por categoría que pasará á final nacional e recibirá un agasallo consistente nun lote de produtos Universidade de Vigo.

Desenvolvemento do concurso

O concurso desenvolverase entre os días 19 ao 30 de abril, ambos incluídos. Non se terán en conta fíos publicados fóra deste periodo.

Para participar é necesario, unha vez publicado o fío, inscribirse e facilitar a súa ligazón a través do seguinte formulario: https://forms.office.com/r/W9nG8VabJ7

Non se terán en conta fíos non enviados correctamente a través deste formulario.

O primeiro chío do fío deberá citar a @RedDivulga, @UVigo e a @UCC_UVigo e rematar con un “Abro #HiloTesis 👇”.

O concurso desenvolverase en 2 fases:

1ª. Fase, a nivel universidade

Do 19 ao 30 de abril de 2022: publicación e envío dos fíos a través da ligazón por parte dos e das doutorandas.

Antes do 15 de maio: comunicación dos fíos finalista de cada categoría, que competirán a nivel nacional.

1.a. Fase galega (non eliminatoria). Paralelamente, entre o 15 e o 21 de maio seleccionarase ao mellor fío de entre os finalistas das tres universidades galegas.

 

2ª. Fase nacional

23 ao 27 de maio: fallo do xurado nacional e información ás universidades e participantes gañadores.

 

Regras e instrucións

Os participantes deberán cumprir as seguintes regras e instrucións:

  1. Contar cunha conta en Twitter.
  2. Só se terá en conta un fío por participante que non excederá os 20 tuits. Non se contarán as posibles respostas doutros usuarios.
  3. Poden estar escritos en galego ou en castelán.
  4. Poderán utilizar toda clase de elementos que enriquezan a presentación do seu traballo, o ilustren ou simplemente axuden a captar a atención do lector ou o fagan máis atractivo (ligazóns, emoticonos, vídeos, imaxes, gif animados etc.).
  5. Calquera dato ou información proporcionada polos concursantes debe ser susceptible de difusión pública.
  6. A decisión do xurado será definitiva e inapelable.
  7. O fío deberá publicarse entre as 0:00 horas do 19 e as 23:59 do 30 de abril.
  8. Unha vez publicado o fío, deberá encherse o seguinte formulario para poder ser considerado no concurso: https://forms.office.com/r/W9nG8VabJ7

Xurado e criterios de valoración

  1. O xurado da Universidade de Vigo, que escollerá os dous fíos finalistas (un por categoría) e que pasarán á fase nacional estará composto por un mínimo cinco persoas de diferentes áreas de coñecemento e unha delas será experta en comunicación. O fallo anunciarase entre o 26 de abril e o 7 de maio.
  2. O xurado da competición galega estará formada por tres persoas alleas ás universidades galegas do mundo da divulgación galega en medios sociais.
  3. O xurado nacional, proposto por RedDivulga, estará integrado por un mínimo de cinco membros, dos que polo menos un será unha persoa experta en comunicación. O fallo producirase do 21 ao 28 de maio de 2022.

 

Os criterios de valoración serán comúns a todas as ramas de coñecemento:

  1. Expresión e contido (máximo 5 puntos): uso de linguaxe sinxela (evitando tecnicismos e xerga científica) e divulgativo que permita a comprensión do contexto, do tema de investigación e a súa importancia por un público non especializado. Describir a metodoloxía, os resultados máis relevantes e as conclusións utilizando unha estrutura lóxica e atractiva. Evitar ligazóns a revistas ou contidos especializados. Non trivializar o contido da investigación, debe ser divulgativo, próximo pero rigoroso.
  2. Creatividade (máximo 5 puntos): uso adecuado e atractivo de elementos que enriquezan o contido como emoticonos, imaxes, ligazóns, vídeos ou gif animados. Presentación que consiga que o público desexe coñecer máis.

 

Consideración final

O incumprimento das bases da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou manipulación, poderá ser causa de desestimación e, no seu caso, de devolución do posible premio percibido.

Bases completas e preguntas frecuentes