Neste novo vídeo da serie “Que facemos?” coñecemos o traballo de Ecobas (Economics and Business Administration for Society). O seu persoal investigador enfoca a súa investigación cara a análise da sustentabilidade dende unha perspectiva económica, social e ambiental.
O persoal do Ecobas participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Concello de Vigo.
Descobre máis sobre a súa investigación da man de María Loureiro García.