Estudantes de enxeñaría da UVigo gañan a liga nacional de debate LEDU STEM

DUVI | Premio ao mellor equipo e premio ao mellor orador. Os estudantes da Universidade de Vigo Santiago Janeiro, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, e Guillermo Fernández, de Enxeñería Industrial, acaban de facerse co primeiro premio da liga de debate LEDU STEM Cátedras Telefónica, unha competición organizada pola Liga Española de Debate Universitario (LEDU) e a Red de Cátedras Telefónica para fomentar as habilidades dialécticas no alumando das carreiras STEM (Science, Technology, Engineering e Mathematics). Participaron 18 universidades de toda España –todas con Cátedra Telefónica- e a gran final disputouse entre o equipo vigués e o da Universidad Carlos III. Foi esta mesma mañá no Innovation Center de Telefónica en Madrid, onde ambos equipos despregaron o mellor da súa oratoria arredor da pregunta Crearemos un mundo mellor co metaverso?