Nesta nova entrega da serie “Que facemos?” coñecemos o traballo da Unidade de Igualdade, unha estrutura social e política que nace en 2006 coa finalidade de procurar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Concello de Vigo.
Descobre máis sobre o seu traballo da man de Águeda Gómez Suárez.