O alumnado de doutoramento de Educación e Traballo Social fai balance do seu traballo investigador

Imaxe da sesión presencial do seminario

DUVI | 75 alumnas e alumnos están actualmente matriculados no Programa de Doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento, que se imparte na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense. Como xa é tradición neste título, o seu alumnado pechou a programación deste curso académico cun seminario no que fixo balance dos avances acadados nos seus proxectos de tese de doutoramento.