DUVI | A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este venres unha xornada centrada no impacto que teñen os residuos e os incendios nos diferentes tipos de solos. Nela participaron dúas persoas referentes nestes eidos no contexto estatal, como son Raimundo Jiménez, do Departamento de Xeoloxía e Xeoquímica da Universidad Autónoma de Madrid, e Montserrat Díaz, do CSIC. A cita, explicou Manuel Arias, catedrático da Área de Edafoloxía e Química Agrícola e coordinador do Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria da Universidade de Vigo, enmarcouse nas actividades obrigatorias que ten que realizar o alumnado deste doutoramento ao longo de cada curso. A temática escollida, apuntou, foi a edafoloxía e a ambiental.
Unhas xornadas afondan no impacto que teñen os residuos e os incendios nos solos
