DUVI | A pesar de ser a primeira científica en advertir, xa en 1856, que a concentración de CO2 na atmosfera podía provocar un aumento significativa da temperatura da Terra, Eunice Newton Foote forma parte desa longa lista de mulleres da ciencia que quedaron esquecidas. De feito, é ao irlandés John Tyndall ao que se lle atribúe esta achega, aínda que el a fixo en 1859, tres anos despois. Agora, máis de 200 anos despois do seu nacemento, un proxecto de investigación financiado pola Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo trata de poñer en perspectiva as importantes achegas desta pioneira da ciencia climática e dimensionar a importancia dos seus avances.