A UVigo participa nunha investigación europea para desentrañar o potencial do microbioma do trigo e desenvolver alimentos e pensos máis sans e sostibles

DUVI Rosa Pérez Gregorio (UVigo) e Susana Soares (Requimte, Rede de Química e Tecnoloxía, participada polas universidades Nova de Lisboa e de Porto) son as líderes e autoras da idea a partir da que se xestou o proxecto europeo Wheatbiome, que conta cun orzamento de 5 millóns de euros e no que participan 13 entidades de Portugal, España, Polonia, Países Baixos, Lituania e Hungría.