DUVI | Desde hoxe e ata o 9 de maio desenvolverase o Curso para persoal de xestión e promoción da I+D, transferencia 2023, no que ao longo de 25 horas, persoal de promoción e xestión da investigación, a innovación e a transferencia; xestores e xestoras de centros, agrupacións e grupos de investigación, así como PAS da UVigo interesado nestas cuestións, poderá aumentar a súa capacitación de promoción e xestión da I+D+i da UVigo; coñecer recursos, ferramentas e procedementos coa que conta a institución para a xestión e promoción da I+D e afianzar a colaboración entre servizos e oficinas, centros e grupos de investigación no ámbito da xestión e a promoción da investigación, a innovación e a transferencia. “Ás veces non lle dámos importancia a estas cousas, pero para nós, tela e moito, o feito de que se enchese o curso aos catro días de convocalo e é que responde a unha necesidade de coñecernos, coordinarnos e retroalimentarnos entre as estruturas/centros/unidades que existen na UVigo”, explica Ángeles López, directora técnica da Oficina de I+D da UVigo.