DUVI | Impulsar o desenvolvemento coordinado de liñas de investigación arredor do hidróxeno é o obxectivo da Asociación Galega do Hidróxeno (AGH2) e as universidades galegas, que nas últimas horas celebraron no Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da Universidade de Vigo un primeiro encontro de traballo, cualificado polos e polas participantes como “un fito na integración de esforzos nun campo de investigación”.