DUVI | Un dos obxectivos do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta elaborado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e con financiamento da FECYT, é potenciar as capacidades do persoal investigador para comunicar o seu traballo e trasladar á sociedade os avances científicos. Para avanzar neste camiño, a finais deste mes de novembro impartirase o obradoiro Comunica a túa ciencia, un taller de dúas sesións destinado a investigadores e investigadoras da UVigo no que coñecerán a importancia da divulgación e as principais ferramentas para comunicar ciencia.