DUVI | Un grupo de investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, Cintecx, serán os encargados de probar unha nova caldeira, a primeria que funciona ao 100% con hidróxeno verde. Deseñada e fabricada polo grupo Ferroli, un referente internacional no mercado da calefacción e a climatización doméstica e profesional, é froito do intenso traballo que esta empresa vén desenvolvendo na procura de sistemas para o confort do fogar con baixos niveis de contaminantes e baixas emisións.