DUVI | Impulsada pola Universidade de Vigo e as empresas Saraiva, Activiza e Envita co obxectivo de fomentar a investigación, a innovación e a formación no ámbito do sector sociosanitario centrado na terceira idade, a Cátedra ACP-Innova serviu como marco para o desenvolvemento dunha investigación dirixida a coñecer os posibles beneficios dun programa de exercicio con realidade virtual en persoas maiores. Desenvolvido polo investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo, os primeiros resultados deste presentáronse presentáronse nesta xornada nunha mesa redonda promovida pola cátedra, que permitiu coñecer como o “programa para a estimulación física e cognitiva” posto en práctica con usuarios e usuarias do centro Saraiva Senior permitiu acadar melloras tanto nas capacidades funcionais das e os participantes, como na valoración da súa calidade de vida.
A Cátedra ACP-Innova constata os beneficios físicos e cognitivos dun programa de exercicio con realidade virtual en persoas maiores
