DUVI | Nos últimos anos, explica a investigadora Laura Ruiz, “a saúde pasou a entenderse como un ben necesario no que interveñen factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais que precisan dunha abordaxe multidisciplinar na que conflúen profesionais de distintas áreas de intervención, entre os que se atopan as e os educadores sociais”. Neste contexto, na súa tese de doutoramento abordou “a educación social como profesión emerxente no ámbito da promoción da saúde”.