A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía reta o alumnado preuniversitario a crear un guindastre capaz de remover e cargar material

Excavar_me

DUVI | A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EEME), despois de entregar no mes de decembro os premios Enfoca_Rme e Curtametraxes enerxéticas, lanza, como cada ano, o seu concurso Excava_Rme 2022. O obxectivo principal é que o alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e ciclos formativos, se achegue, como se recolle nas bases, a “un dos retos que leva preocupando á humanidade dende os seus comezos: o arranque, carga e transporte dos materiais para grandes proxectos como as pirámides de Exipto ou as grandes catedrais europeas”. Deste xeito, a EEME busca que as persoas que se presenten constrúan un equipo que sexa capaz de remover e pendurar materiais a través dun sistema de carga que estea fixo ou móbil.