DUVI | Despois de que os paros provocados polo confinamento fixesen diminuír a súa facturación en 2020, a industria forestal e da madeira recuperou o pasado ano a senda de crecemento en Galicia, acadando as cifras de facturación globais máis elevadas desde 2006, o primeiro ano do que existen estes datos. Segundo o informe A cadea forestal-madeira de Galicia, que a Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta (Xera) da Xunta de Galicia elaborou coa Escola de Enxeñaría Forestal, baixo a coordinación do investigador Juan Picos, esta industria facturou o pasado exercicio máis de 2500 millóns de euros, mentres que as previsións recollidas neste este estudo para o presente ano sitúan este dato en preto dos 2900 millóns.