A investigación de Sara Albán sobre o poema medieval Prick of Conscience representará á UVigo no concurso #HiloTesis

Sara Albán, autora do #hilotesis sobre o Prick of Conscience

DUVI | Prick of Conscience é un poema medieval que data da primeira metade do século XIV. Polo número de copias que existiron deste manuscrito sería o que hoxe consideramos un “superventas” nunha época na que aínda non se inventara a imprenta. Este texto relixioso centra a tese de doutoramento Sara Albán, estudante do programa de Estudos Ingleses Avanzados, que acaba de ser seleccionada para representar á Universidade de Vigo na fase nacional do concurso #HiloTesis.