DUVI | A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo convoca a terceira edición do concurso de vídeos Youtubers científicos. Esta iniciativa, que se enmarca dentro do plan anual Ciencia de ida e volta, coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación, busca potenciar a capacidade de divulgación e comunicación social da ciencia por parte do persoal investigador da institución. O obxectivo é que, a través dun vídeo curto, as persoas participantes dean visibilidade ao seu traballo ou a outro contido de carácter científico ou tecnolóxico que consideren de relevancia e interese para a cidadanía.