A UVigo capta sete novos investigadores distinguidos

Laboratorio

DUVI | Aínda que con retraso por mor da pandemia, a Xunta de Galicia fixo pública esta semana a resolución de investigadores seleccionados no programa de atracción e retención de talento. Ao seu abeiro, a Universidade de Vigo poderá incorporar sete expertas e expertos distinguidos referentes en eidos científicos que a institución buscar potenciar.

A convocatoria, que se lanzou este ano por primeira vez con estas características, é para a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, unha iniciativa que se debería manter no futuro, “xa que sitúa o sistema de investigación galego entre un dos máis atractivos para desenvolver a carreira profesional dos investigadores novos”.