A UVigo lanza unha serie de podcast para promover a prevención das enfermidades cardiovasculares

DUVI | O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, unha data sinalada pola Organización Mundial da Saúde para concienciar á poboación sobre a importancia de coidarse física e mentalmente para lograr levar unha vida saudable. Ao abeiro deste efeméride, desde a  Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo acaba de lanzarse unha serie de podcast cos que promover a prevención das enfermidades cardiovasculares, resaltar a importancia da saúde cardiovascular feminina e impulsar a adopción de hábitos saudables entre a poboación galega.