DUVI | A Universidade de Vigo participa nun megaproxecto europeo co que se tentará avanzar no coñecemento e predición dos impactos do cambio climático nos sistemas mariños. Faino a través do grupo Future Oceans Lab, do Centro de Investigación Mariña, CIM-UVigo, baixo a dirección da profesora Elena Ojea, quen explica que se trata dun “proxecto punteiro e moi ambicioso” cuxo principal obxectivo é “proporcionar aos reguladores e aos tomadores de decisións o coñecemento e as ferramentas necesarias para facer fronte á perda de biodiversiade nos hábitats costeiros e mariños ameazados polo cambio climático e outros factores de estrés locais e rexionais”.