DUVI | Cubertas de invernadoiros, túneles, ensilaxe ou películas de polímero para mulching (acolchado). Estas son só algunhas das utilidades dos plásticos en sistemas de produción no caso dos solos agrícolas, aos que tamén chegan a través do rego con augas residuais tratadas, ou mediante a aplicación de lodos de depuradora ou compost, e mesmo arrastrados polo vento. “Se enchemos o solo de plásticos podemos alterar a súa estrutura, crear problemas de toxicidade para os organismos (se os peixes e tartarugas comen o plástico nos mares, os organismos do solo tamén, sobre todo os microplásticos), e non temos nin idea de que efectos vai ter sobre a fertilidade ou sobre o crecemento dos cultivos”, explica a catedrática do Departamento de ecoloxía e bioloxía animal María Jesús Iglesias Briones, que recoñece as limitacións que existen no coñecemento da prevalencia e o destino dos plásticos nos solos agrícolas e o seu impacto nas súas funcións.
A UVigo participa nunha rede europea que formará doutorandos para afondar no coñecemento do impacto dos plásticos nos solos agrícolas
