Achegándose a Groenlandia da man da investigadora Adriana Nogueira-Gassent

Adriana Nogueira

DUVI | A comunidade universitaria tivo este xoves a oportunidade de coñecer de preto como é a experiencia de traballar nun lugar como Groenlandia, unha enorme illa situada entre os océanos do Atlántico norte e o Ártico, considerada territorio danés autónomo e na que  o 85% da súa superficie está cuberta por unha capa de xeo que nalgunhas zonas pode chegar a alcanzar os tres quilómetros de espesor. Fíxoo da man da investigadora Adriana Nogueira-Gassent, ex alumna do programa de doutoramento DoMar en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión do Campus do Mar, e que na actualidade forma parte do Departamento de Pesca e Marisqueo do Instituto de Recursos Naturais deste país nórdico.

Bióloga mariña de formación, Nogueira-Gassent regresou a Vigo convidada pola Agrupación Estratéxica Ecobas (Economics and Business Administration for Society) e o propio Campus do Mar e encargouse de presentala o profesor do Departamento de Economía Aplicada, Manuel Varela, quen lembrou a chegada a Vigo da investigadora no ano 2008 para matricularse no Máster en Economía e Xestión do Medio Mariño e dos Recursos Pesqueiros, que el mesmo codirixía. “Desde esas primeiras conversas con ela, cando buscaba información sobre o máster xa me quedaron claras dúas cousas…