Un ano máis, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo inicia o seu plan de actividades, titulado “Ciencia de ida e volta 22-23”, ofrecendo una nova actividade formativa para persoal investigador. Esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Trátase dunha formación PRESENCIAL para a comunidade investigadora da Universidade de Vigo.
PRAZAS
40 prazas
DATAS
30 de novembro de 9:15 a 14:15 horas
1 de decembro de 9:15 a 14:15 horas
LUGAR
Sala Manolo Ramos, Edificio Ernestina Otero. Campus de Vigo.
CONTIDOS
A actividade ofrecerá ao persoal investigador formación sobre como facer actividades de divulgación científica, comunicar ciencia en redes sociais, facer divulgación a través de charlas e mostrará a experiencia de persoas da Universidade de Vigo nestes ámbitos.
MÉRCORES, 30 DE NOVEMBRO
- 9:15 – 11:30 horas. Por que e como facer divulgación e actividades de cultura científica: Conceptos e formatos de divulgación científica. Contar a miña investigación a medios de comunicación. Como enfrentarme a unha entrevista. Manuel Vicente. Divulgador científico, doutor en Química e director e presentador do programa Efervesciencia da Radio Galega.
- 12:00 – 14:15 horas. Comunicar ciencia en redes sociais: Introdución ás redes sociais. Importancia das redes sociais para a ciencia. Como facer rede. Casos prácticos de boas e malas prácticas. Exemplos de participantes. Óscar Menéndez. Comunicador científico, consultor de redes sociais. Fundador de Ciencia en Redes y de Género y Comunicación de la Ciencia.
XOVES, 1 DE DECEMBRO
- 9:15-11:30 horas. Kit básico de comunicación (da ciencia): ideas, consellos e ferramentas para utilizar en caso de actividade divulgativa. Luisa Martínez Lorenzo, doutora en Ciencias do Mar, divulgadora científica e responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) en Galicia.
- 12:00-12:45 horas. Experiencia da casa. Expertas divulgadoras da Universidade de Vigo / eXXperimenta en feminino Julia Carballo, Alma Gómez e Nieves Lorenzo, coordinadoras desta xornada de divulgación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas que se organiza desde 2018 en Ourense coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
- 12:45- 13:30 horas. Experiencia da casa. Expertas divulgadoras da Universidade de Vigo / Elas fan CienTec Soledad Torres Guijarro, unha das organizadoras da iniciativa e coordinadora dos obradoiros da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que se organizan con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia desde 2017.
- 13:30- 14:15 horas. Experiencia da casa. Expertas divulgadoras da Universidade de Vigo / Te lo cuentan las matemáticas Marta Pérez Rodríguez, coordinadora do grupo MaReMa responsable do proxecto de divulgación científica Te lo cuentan las Matemáticas.