Allariz acolle unha nova edición das Mareas de coñecemento e experiencia

DUVI | Cada mércores pola tarde do mes de maio, o Concello de Allariz acolle a celebración dunha nova edición das Mareas de coñecemento e experiencia. Trátase dun proxecto itinerante de formación universitaria que naceu ao abeiro do Programa de Maiores da Universidade de Vigo e impulsado pola Vicerreitoría de Profesorado, Docencia e Titulacións e a Escola Aberta de Formación Permanente desta institución académica. A súa finalidade é achegar a formación, a ciencia e a cultura á poboación rural maior de 50 anos, levando aos concellos da contorna un programa de seminarios teóricos-prácticos de diferentes contidos, segundo as demandas dos concellos implicados.