DUVI | O río Tins é unha das principais sinais de identidade do concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Discorre de norte e sur polo centro do municipio e, ao igual que aconteceu noutras moitas localidades, a urbanización da vila fíxose, en demasiadas ocasións, sen ter en conta o coidado das súas paisaxes naturais, incluído o propio río (infraestruturas construídas de forma pouco harmónica co medio, existencia de barreiras transversais que impiden o continuo fluvial, acumulación de residuos urbanos na bacía do río…).