As medidas de control nutricional diminúen o risco de complicacións e aumentan a seguridade do paciente nas cirurxías colorrectais

Erica Barreiro

DUVI | As medidas de control nutricional diminúen o risco de complicacións e aumentan a seguridade do paciente que vai ser sometido a unha cirurxía por cancro colorrectal, un dos máis comúns e cuxa incidencia vai en aumento. Así o conclúe a cirurxiá da Unidade de Coloproctoloxía do Hospital de Montecelo e investigadora da Universidade de Vigo Erica Barreiro na súa tese de doutoramento, unha investigación na que se achegan evidencias sólidas para recomendar que o diagnóstico e soporte nutricional sexan incorporados á práctica clínica habitual das unidades de coloproctoloxía.