As secas, un evento extremo con “impactos significativos” na saúde

DUVI | Unha das grandes preocupacións existentes actualmente en España e en moitos outros lugares do planeta é como afrontar as cada vez máis temperás e intensas secas. Persoal investigador da Universidade de Vigo, do CISC e da Universidade de Berna (Suíza) abordan nun artigo publicado na revista americana Annual Review in Public Health, referente internacional no seu eido, as consecuencias da seca para a saúde pública no contexto do cambio climático.