Astronomía para toda a familia nun obradoiro organizado pola UVigo

DUVI | Aprender a recoñecer as principais constelacións e a orientarse a través das estrelas son algúns dos coñecementos que se poderán adquirir no obradoiro de astronomía Astrofamilias: o planetario desde dentro, unha iniciativa posta en marcha pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo dentro do seu plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta. Este obradoiro terá lugar o vindeiro martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Avenida de Beiramar, 55) e será impartido por Adolfo García, capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no mesmo instituto.