Catro publicacións abordan a temática da auga desde o ámbito humanístico e patrimonial

Susana, Esther e Yolanda

DUVI |  Catro volumes que abordan a temática da auga desde o ámbito humanístico e patrimonial, concretamente desde a historia, a xeografía e a historia da arte, e que permiten coñecer o traballo investigador e docente que se desenvolve desde a Facultade de Historia do campus de Ourense. Así se presentaron este venres as catro publicacións elaboradas a partir do III Congreso Internacional da Auga. Auga, Sociedade e Territorio, celebrado do 25 ao 27 de outubro de 2018 no marco do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus Auga.