DUVI | O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña estableceron unha colaboración estratéxica para levar a cabo un estudo sobre a contaminación luminosa nas rías de Vigo e Pontevedra. Ambas institucións, pertencentes á Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Rede CIGUS), únense co obxectivo de avaliar o impacto da luz nocturna na produtividade biolóxica destes importantes ecosistemas.