Como están a mudar as políticas de open Science e o open acess a forma de facer ciencia

Conferencia Open Science

DUVI | Modifican os procesos de financiamento, execución, comunicación e avaliación da ciencia, ademais de aumentar a transparencia e reproductibilidade da actividade investigadora. Nestes aspectos modificaron as políticas de open Science o xeito tradicional de facer ciencia, un cambio que se iniciou no ano 2015 co nacemento de “un concepto que abrangue o acceso aberto a publicacións científicas e datos de investigación, a promoción da ciencia cidadá, o deseño de novas formas de medir o mérito investigador con indicadores complementarios aos baseados en citas, os recursos educativos en aberto e o software libre”, explica Pilar Rico Castro, xefa da Unidad de Acceso Abierto, Repositorios y Revistas da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (Fecyt). Rico ofreceu este mércores unha conferencia na sala I do edificio Miralles na que, baixo o título Políticas de acceso abierto y ciencia abierta a nivel europeo. Qué, cömo, dónde y cuándo cumplir con los nuevos mandatos, abordou os mandatos de acceso aberto, tanto en España, como en Europa, así como as obrigas que se impoñen ás persoas beneficiarias de proxectos de I+D da Agencia Estatal de Investigación e de Horizon 2020, e como cumprir con estas novas obrigas, tanto no referido a publicacións científicas como a datos de investigación.

No relatorio, organizado pola Vicerreitoría de Investigación co gallo das novas políticas europeas en investigación e innovación que marcan como obxectivo a ciencia e a innovación aberta, Pilar Rico, tamén abordou…