Concurso ENERXIZA.RME 2020

Público
3º e 4º ESO, bacharelato, ciclos formativos

Fases do concurso
Data límite de inscrición: 01/02/2020 ás 20.00 h.
Data límite de confirmación: 20/05/2020
Data da competición: 05/06/2020

Este concurso vai destinado ao alumnado de terceiro e cuarto da ESO, de bacharelato e de ciclos formativos. Poñerase a proba o seu enxeño e creatividade, e reforzaranse os estándares de aprendizaxe dos currículos de terceiro e cuarto da ESO, e de primeiro e segundo de bacharelato, relacionados coa hidráulica, pneumática, circuítos e automática.

Os/As concursantes deberán construír unha maqueta dunha instalación na que se manifeste a busca desta eficiencia enerxética. Poderán presentar maquetas de:

  1. Vivendas eficientes
  2. Centrais e plantas de enerxías renovables, como eólica, hidráulica, xeotérmica etc.