Diferenzas de xénero e falta de control familiar marcan o uso dos videoxogos por parte das e dos adolescentes ourensáns

Manuel Isorna é o coordinador do proxecto

DUVI | Diferencias de xénero tanto no tipo de videoxogos como no tempo que lle dedican a xogar con eles e escasa supervisión familiar. Estes son algúns dos resultados detectados nun estudo sobre a evolución do uso dos videoxogos e a súa relación cos hábitos e estilos de vida das e dos adolescentes de Ourense, realizado por persoal docente e investigador das facultades de Educación e Traballo Social e Historia do campus de Ourense. O equipo que desenvolveu o traballo estivo encabezado polo profesor da Facultade de Educación e Traballo Social Manuel Isorna e formado por Francisco Javier Pérez, María Dapía, José María Faílde, Fátima Braña, Antonio González e Beatriz Vaquero. Para a súa realización contou co apoio das axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense Inou 2021, financiadas pola Deputación de Ourense.