DUVI | Definir ferramentas e propostas que permitan mellorar o ensino da situación sociolingüística do galego nas aulas de secundaria e contribuír a que o alumnado comprenda a situación de minoración na que se atopa o idioma son dous dos obxectivos do proxecto Lingua e sociedade no ensino secundario obrigatorio e no bacharelato. Práctica docente, formación, expectativas de futuro, demandas e propostas de mellora entre o profesorado, que investigadores da Universidade de Vigo desenvolven ao abeiro dun convenio coa Deputación de Pontevedra.