DUVI | Como un evento “de carácter transdiciplinar”, que reúne expertos “de áreas moi diferentes”, e tamén “altamente internacional”, dada a participación de investigadores e investigadoras de diferentes universidades europeas e xaponesas, definiu o investigador José Andrés Santiago o simposio Manga in a postdigital environment, que na mañá deste luns botou a andar na sede da Vicerreitoría do campus. Dirixido pór en común diferentes visións sobre a evolución e as transformacións que está a vivir o cómic xaponés nunha sociedade marcada pola dixitalización, trátase do sexto Foro Internacional de Creación na Fronteira que promove o grupo de investigación dx5 (digital & grapghic art research) da Facultade de Belas Artes, e insírese no proxecto de investigación, coordinado por Santiago, Estudos transdisciplinares sobre cómic, seleccionado en 2019 na convocatoria de Proxectos de I+D+i Retos de Investigación, do Ministerio de Ciencia e Investigación.