DUVI | Garantir que a misión espacial BIXO (Bacteriological Intercommunication eXperiment in Orbit)), impulsada pola asociación de estudantes UVigo SpaceLab, cumpre con todos os requisitos aplicables ao desenvolvemento de proxectos espaciais europeos para, así, poder iniciar xa a creación de modelos para o seu testeo e a súa posterior fabricación final. Con este obxectivo especialistas de moi distintos ámbitos, tanto de empresas como de grupos de investigación, participaron este mércores na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación nunha xuntanza na que os líderes do proxecto, encabezados por Manuel Diz Folgar, expuxeron todo o traballo realizado ata a data ao abeiro desta misión.