DUVI | A dispersión, a capacidade dos individuos de desprazarse dun lugar a outro, constitúe un proceso ecolóxico fundamental na biodiversidade, cunha forte influencia nas dinámicas das poboacións e comunidades de múltiples organismos. Mais, no referido a invertebrados como os artrópodos, moluscos ou crustáceos, os coñecementos existentes son limitados, dada a súa elevada diversidade biolóxica e as dificultades para levar a cabo estudos a grande escala. Co propósito de contribuír a unha mellor compresión dos procesos de dispersión, 19 investigadores e investigadoras de oito países, entre os que se atopa o catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero, crearon Disperse, a primeira base de datos en liña que describe unha serie de características que inflúen na capacidade de dispersión de 280 grupos de especies e xéneros de macroinvertebrados de auga doce europeos.