DUVI | Preto dun cento de estudantes dos graos de Economía e de Administración e Dirección de Empresas asistiron este luns na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo á Xornada As Cooperativas Agroalimentarias en España, unha actividade na que tiveron a oportunidade de achegarse a unha realidade que en Galicia engloba a miles de empresas, existindo na actualidade entre 1300 e 1400 cooperativas que representan arredor do 7% do PIB.