Estudantes de doutoramento presentan os seus proxectos na Semana de Investigación do Campus Crea

DUVI Dar visibilidade aos estudos que se desenvolven en diferentes programas de doutoramento e favorecer, á súa vez, o contacto entre investigadores e investigadoras de diversas áreas. Estes son obxectivos da Semana de Investigación do Campus Crea, unha actividade que arrancou este luns coa presentación por parte de sete estudantes de posgrao dos pósters nos que resumen as súas liñas de investigación e que permanecerán expostos ata este venres na Escola de Enxeñaría Forestal.