Un equipo liderado desde a UVigo avanza no estudo do impacto do cambio climático nas capas altas da atmosfera

Foto de grupo dos membros do proxecto en Suíza

DUVI | Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais (International Space Science Institute-ISSI) sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances feitos no seu traballo.