Feminismo, cambio climático e astrofísica amplían a colección Esenciais do Servizo de Publicacións

Os cinco volúmenes da colección Esenciais

DUVI |  Esenciais: Breviarios de divulgación do saber incorpora tres novos volumes á colección que o pasado mes de marzo lanzou o Servizo de Publicacións da UVigo. O feminismo, O cambio climático e A astrofísica son os libros de pequeno formato cos que a colección segue a apostar pola divulgación en galego, ofrecendo ao público, tanto especializado, coma non, unha serie de pequenas e concisas introducións a conceptos esenciais do saber dos diferentes ámbitos do coñecemento. “Tiña a idea de que os primeiros temas fosen de importancia social e puntos fortes da nosa Universidade, da nosa oferta formativa en todos os ámbitos”, explica Jorge Luis Bueno, director do Servizo de Publicacións, que incide ademais no carácter pioneiro desta iniciativa, única en todo o Estado.