DUVI | O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral. A cita será os días 13, 14 e 15 de maio e permitirá que o público asistente poida coñecer liñas e proxectos de investigación en áreas moi diversas explicadas polo persoal científico empregando unha linguaxe comprensible e próxima. Nas cidades de Vigo e Ourense participarán un total de 19 investigadores e investigadoras destes campus, xunco con outros expertos doutras universidades e entidades.