DUVI | Os investigadores do Centro de Investigacións Mariñas da Universidad de Vigo Artai Santos e Jose Bienvenido Diez asinan, xunto con científicos da Fundación Conjunto Paleontológico de Teruel-Dinópolis e do Hessisches Landesmuseum de Darmstadt de Bonn, un estudo que acaba de ser publicado pola revista Plants no que describen unha elevada diversidade de interaccións entre plantas e insectos de hai 100 millóns de anos, procedentes dun xacemento situado na localidade turolense de Estercuel.