Grupos da UVigo participan na creación dunha plataforma baseada en intelixencia artificial de apoio a doentes con covid persistente

DUVI | Dous de cada dez doentes de covid-19 desenvolven síntomas persistentes e incapacitantes tras a infección aguda. Esta patoloxía denomínase covid persistente e calcúlase que ata 27.000 pacientes padecen esta enfermidade en Galicia e máis de 800.000 en todo o territorio estatal. Estes son algúns dos datos que manexa e xustifican o proxecto Coperia, posto en marcha o pasado ano para apoiar a estes pacientes mediante a creación dunha plataforma baseada en intelixencia artificial. A iniciativa, na que participan varios grupos de investigación da Universidade de Vigo, foi presentada este mércores no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.